Friday 03 de May de 2024

O Concello de Touro da ‘luz verde’ aos seus presupostos para 2019, que suman 3,4 millóns de euros


 

As contas do Concello destinan 1,61 millóns a gastos correntes e de servizos e os investimentos reais previstos en Touro durante este ano superan os 740.000 euros

O Concello de Touro aprobou os seus orzamentos para 2019, que suman 3,39 millóns de euros. A aprobación dos orzamentos, que medran levemente respecto aos do ano pasado (3,37 millóns de euros) contou co apoio do PP, que ten maioría absoluta na corporación municipal de Touro. A oposición (BNG e PSdeG-PSOE) votou en contra.

O capítulo de gastos correntes de bens e servizos lévase 1,61 millóns de euros. Os gastos de persoal supoñen 936.224 euros e as transferenzas correntes, 96.300 euros. Os investimentos reais previstos para o Concello de Touro en 2019 superan os 743.000 euros. O total do presuposto de gastos: 3.393.661 euros.

Pola súa banda, as transferenzas correntes supoñen 1.993.620 euros no presuposto de ingresos do Concello de Touro. Os impostos diretos alcanzan os 621.186 euros e os impostos indiretos, 33.000 euros. As tasas, prezos públicos e outros representarán en 2019 uns ingresos de 178.190 euros para o Concello de Touro. As transferenzas de capital sumarán 387.664 euros. E os ingresos patrimoniais supoñen 5.000 euros. O total do presuposto de ingresos de ingresos: 3.393.661 euros.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, calificou de “realistas” os orzamentos para 2019. E indicou que son unhas contas que están en contacto coa realidade social que viven os veciños e veciñas de Touro. Tamén destaca a aposta por manter as partidas destinadas a servizos sociais e de atención aos veciños e veciñas. Ignacio Codesido lembra que o Concello non ten prácticamente déveda.

Por outra banda, o Concello de Touro, nunha declaración institucional, expresa o seu apoio ás persoas que o 30 de agosto de 2017 participaron nunha acción pacífica e simbólica de ocupación de Pazo de Meirás. Tamén insta ao Goberno central a que inicie de xeito inmediato accións para a recuperación do Pazo de Meirás como ben público.